1.º de primaria traballa coas matemáticas manipulativas

Os conceptos abstractos propios da área matemática son, moi a miúdo, difíciles de comprender polos alumnos dos primeiros cursos, xa que requiren de certa madurez e capacidade de abstracción pola súa parte. Así que a mellor estratexia metodolóxica nestes casos son actividades lúdicas e manipulativas.

Deste xeito, desenvólvese unha das competencias máis importantes, a de aprender a aprender, ao mesmo tempo que eles son os construtores e os artífices da súa propia aprendizaxe.

Por este motivo, o alumnado de primeiro de primaria está a levar a cabo moitas actividades de matemáticas manipulativas que vos iremos amosando ao longo do curso. A seguir, tendes xa unha pequena mostra do que fixeron durante este comezo de curso:

  • Descomposición numérica con tapóns
  • Descomposición da decena (os amigos do dez)
  • Descomposición numérica con multicubos
  • Os monstros comenúmeros
  • Ditado numérico

Agardamos que gocedes tanto destas actividades coma os nosos pequechos e pequechas, e que, de paso, tamén vos inspiren ou animen a facer algunha delas na casa os días de chuvia. Ides aprender moito con eles seguro!

Comments are closed