Charla das Forzas Armadas

Desde o departamento de Orientación do CPR Quiñones de León, en colaboración coa Subdelegación Provincial de Defensa, organizouse unha actividade destinada aos alumnos de 4.º da ESO, que se desenvolveu o pasado xoves día 15 de marzo no salón de actos do noso centro.

A conferencia-coloquio foi impartida pola tenente Vanesa Carballido, pertencente ao exército do aire, quen, durante algo máis dunha hora, ofreceu de maneira didáctica, amena e adaptada ao grupo de idade dos alumnos, información sobre a integración das Forzas Armadas na nosa sociedade, a súa organización, cometido, categorías, corpos, escalas, acceso e requisitos, entre outros temas.

O alumnado respondeu cunha participación activa durante toda a actividade, ademais dunha valoración e actitude positiva.

Dende aquí, queremos deixar constancia do noso agradecemento ao capitán César Barros e á tenente Vanesa Carballido pola coordinación, información e acercamento das FAS ao noso centro.

 

Comments are closed