Galego in Wales

Desde o departamento de inglés, quixemos tamén celebrar o Día das Letras Galegas. E non atopamos mellor forma que investigando o alcance que ten a lingua galega fora das nosas fronteiras. E foi así como descubrimos o Centro de Estudos Galegos na Universidade de  Bangor, Gales.       Co apoio da Xunta de Galicia, e sendo un centro líder mundial no seu campo, ten como obxectivo promover e consolidar a investigación e a ensinanza dos estudos galegos no País—

Ler máis

Os leonciños na Biblioteca Xosé Neira Vilas

Hoxe pola mañá os nosos leonciños e leonciñas visitaron a Biblioteca Xosé Neira Vilas. Saíron ben cediño do colexio, acompañados polos seus profesores e tamén por algúns familiares que quixeron compartir connosco esta xornada. Chegaron, tras un marabilloso paseo pola cidade, á biblioteca, onde entraron moi tranquilos. Alí, coñeceron a unha bibliotecaria que achegou os nosos cativos ao marabilloso mundo dos libros. Escoitaron os contos con moita atención, seguiron todas as súas indicacións e tamén coñeceron diversos costumes e xeitos—

Ler máis

A ESO visita a Biblioteca Xosé Neira Vilas

Hai uns días, o alumnado da ESO visitou unha das bibliotecas da nosa cidade: Biblioteca Xosé Neira Vilas. Tanto nos gustou a visita que fixemos o curso pasado, que tivemos que repetir; e volvemos quedar encantados. Este ano presentáronnos lecturas de viaxes: libros orixinais, atlas singulares, bandas deseñadas… e despois aínda tivemos tempo para xogar e aprender xeografía. Agradecemos á nosa guía da biblioteca o ben que nos transmitiu o seu amor pola lectura. Nós continuaremos coa mellor viaxe que nos traen—

Ler máis

Teatro infantil: Guyi-Guyi

Hoxe, os nosos leonciños e leonciñas asistiron a unha función teatral: Guyi-Guyi. Os nosos pequenos estaban ansiosos por ver esta función: E chegou o momento de entrar no teatro e dirixirse aos seus asentos: E, cando comezou a obra, descubriron a Guyi-Guyi, que é un crocodilo que, por azar da natureza, nace nunha familia de patos. El vive feliz coa súa familia ata que un día se perde e se encontra cun crocodilo. Cando se decata de que os crocodilos—

Ler máis

Visita ao Museo do Mar

O pasado venres, os alumnos e as alumnas de 4.º e 6.º de educación primaria visitaron o Museo do Mar. Alí, tiveron a oportunidade de “viaxar no tempo” a través dunha exposición de xoguetes antigos. Aprenderon como eran os xoguetes dos nenos de antes, os materiais que se empregaban, etc. Despois, participaron nun xogo de pistas para descubrir un pouco máis sobre o tema, e ata fixeron o seu propio xoguete artesán, un barco vikingo feito de papel. Pasámolo moi—

Ler máis