Programa Xogade

Os mozos e mozas de 5.° de primaria, acompañados dos seus mestres, desprazáronse ata as instalacións do CUVI para practicar un pouco de atletismo. Participaron no programa Xogade da Xunta, onde se combina o ámbito deportivo e competitivo, co ámbito lúdico e participativo dos centros escolares. A sesión consistía en 6 probas: 60 m lisos 500 m lisos salto de lonxitude lanzamento de vórtex lanzamento de peso carreira de relevos 4×60 m A pesar do frío, a intermitente choiva e—

Ler máis

Personaxes históricos

Cando estabamos a achegarnos xa aos temas de historia da materia de Ciencias Sociais, os rapaces de 4.º levaron a cabo as seguintes actividades sobre tres personaxes históricos importantes: Miguel de Cervantes, Vincent Van Gogh e Leonardo da Vinci. Nos tres proxectos, non soamente se falou sobre a súa vida ou viron algúns vídeos, senón que fixeron outras actividades, diferentes e divertidas. No caso do traballo de Cervantes, escribiron unhas oracións con diferente vocabulario da obra El ingenioso hidalgo don—

Ler máis

Contacontos das familias dos leonciños

Este curso os nosos leonciños convidaron as súas familias a achegarse ao colexio para contarlles un conto. A primeira que se animou a vir foi a nai de Soufian, un leonciño de tres anos. Trouxo con ela un libro moi fermoso de Pinto & Chinto: Aquilino pinta unha nube e un camaleón. Este é un texto marabilloso para facer voar a imaxinación dos nosos pequenos e pequenas. A que neno non lle gusta imaxinar a que se asemellan as nubes? Pois—

Ler máis

Visita á EDAR do Lagares

Os alumnos e alumnas de 1.º da ESO visitamos a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) do Lagares. Foi unha visita moi interesante, xa que nos ensinaron como era todo o proceso, de onde viña a auga e como se depuraba. Sabiades que se empregan bacterias?, e que a auga recibe un tratamento con luz? Tamén nos explicaron como a auga depurada acaba no mar e que os residuos sólidos se converten en abono para os campos. Outra cousa que chamou a—

Ler máis

The Jungle Book

O pasado xoves, os alumnos de 1.º, 2.º, 3.º e 4.º de Primaria foron ao Teatro Salesianos a gozar coa obra The Jungle Book. Aínda que estaba en inglés, entendérona moi ben, xa que previamente aprenderan as cancións, fixeran actividades e falaran na clase sobre os personaxes. A obra foi moi divertida e aos rapaces gustoulles moito. Mesmo algúns tiveron a sorte de subir ao escenario e cantar e bailar cos actores. Mirade que ben o pasaron!!