Desde 1974

O martes 26 de marzo o colexio foi distinguido co galardón de Vigués Distinguido polos 50 anos de labor docente. Desde aquí desexamos dar as grazas aos docentes que desde aquel lonxano ano traballaron por levar a cultura ao barrio do Calvario, aos pais que confiaron en nós a formación dos novos cidadáns e a todos os alumnos, algúns xa avós, que pasaron polo colexio, sen os cales non seríamos máis ca un edificio sen alma. Por todos eles vai—

Ler máis

Contacontos Infantil e Primaria

O pasado mércores 6 de marzo o alumnado de Educación Infantil e de primeiro e segundo curso de Educación Primaria participou nun contacontos a cargo do autor David Rodríguez, que nos contou a súa obra “Superavoa” (Ed. Xerais), que el mesmo ilustrou. Dun xeito dinámico e divertido nos achegou esta historia que pon en valor o importante papel dos avós dentro das familias, e particularmente das avoas respecto do coidado dos netos. A protagonista, unha “Superavoa”, é unha superheroina que—

Ler máis