A ESO e o Nadal

O alumnado da ESO quixo celebrar último día da clase compartindo con todos os compañeiros o seu tempo e os seus saberes.

O grupo de 1.º da ESO deciciu contarlles uns contos aos leonciños. Primeiro, ensaiaron na clase e tamén na biblioteca diante dos compañeiros. Traballaron a expresión oral e a xestualidade, moi importantes para ser bos contadores de historias:

E o día 21 de decembro tiveron que actuar diante do público máis esixente; os nosos leonciños:

Foron uns valentes e sabemos que van repetir a experiencia, porque lles gustou moito.

Un chisco despois daba comezo o Festival de Talentos. Organizamos unha pequena demostración na que se anotaron os alumnos e alumnas que así o decidiron, e amosáronnos o que lles gusta facer: cantar, bailar, a ximnasia rítmica, a maxia…

Só queremos agradecer a todos os nosos valentes que nos fixesen partícipes dos seus talentos. Alumnado e profesorado ficamos gratamente sorprendidos!

Comments are closed