A GALIÑA AZUL

Os alumnos e alumnas de 1.º e 2.º de educación primaria foron ao teatro para gozar da representación de A galiña azul.

Moitos deles non coñecían como era un teatro, aínda que na clase falaron del e as mestras lles deron unhas pautas de como debían comportarse e non esquecer aplaudir cando rematase a obra. E a verdade… con esta saída, tiveron a ocasión de gozar das instalacións do teatro, así como ver como actúan en vivo e en directo os actores e as actrices.


A través desta representación teatral, ensináronlles o valor de traballar en equipo e individualmente, así como actitudes de confianza neles mesmos. Tamén aprenderon a respectar as diferenzas entre as persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades.

Ademais é unha obra moi divertida, coa que riron un montón, aprenderon valores cívicos e melloraron o coñecemento da lingua galega.

Algúns dos traballos que fixeron ao chegar ao cole.

No camiño de volta para coller o autobús, aproveitaron para coñecer o traballo dos xardineiros, como servizo público do concello que estudamos en ciencias sociais, que estaban a arranxar as plantas da Alameda de Vigo, co que se vía ben coidadiña.

Viva o teatro!

 

Comments are closed