A graduación de 4.º da ESO

Chegou o momento tan esperado polos nosos maiores: a graduación. O grupo de 4.º da ESO leva todo o curso traballando duramente para poder celebrar a fin desta etapa neste acto coas súas familias e o profesorado do centro.

Tiveron como guía a Portal, a súa titora, que deu comezo ao acto cunhas fermosas palabras para os seus alumnos e alumnas. A seguir, deulles paso a eles, que son os verdadeiros protagonistas. Houbo uns presentadores excepcionais:

Eles foron os representantes de todo o grupo. Compartiron con todos as súas lembranzas de moitos anos no colexio, o seu segundo fogar, e dedicaron unhas palabras a todos os profesores e profesoras que estiveron con eles ao longo deste camiño.

E tamén compartiron un vídeo con imaxes deles, desde que comezaron con tres anos no colexio ata a actualidade.

Despois, chegou o momento da entrega dos diplomas, do que tan ben se encargaron a profesora Ruth e a orientadora Mari Carmen.

Rematado xa o acto, houbo tempo para despedidas e para máis fotografías:

E así foi esta despedida, que nunca é un adeus, senón un ata pronto. As portas seguirán abertas para que vos acheguedes a compartir os vosos éxitos.

Comments are closed