A graduación de primaria

Cambiamos de etapa!! E que mellor maneira de celebralo que cunha festa de graduación. Así o anunciaba o equipo directivo, dando as grazas pola confianza depositada todos estes anos no centro.

Alumnas e alumnos de sexto de primaria, puxeron a toga e o birrete para despedir uns anos nos que viviron moitos momentos divertidos, como así o explicaron no seu discurso.

Tamén a titora quixo trasladarlles unhas emotivas verbas, agradecendo tanto a eles como as familias o cariño e apoio recibidos, sen esquecerse de valiosos consellos para continuar os seus estudos.

Despois do entenrecedor vídeo, no que repasamos o percorrido dos alumnos dende os tres anos ata actualidade, comezaba o  momento da entrega dos diplomas. Sen dúbida, un dos instantes máis emocionantes.

E como punto final á celebración polos logros acadados, lanzaron ao aire os seus birretes, amosando nas súas caras unha alegría especial.

Dende o equipo de profesores desta etapa, desexámosvos moita sorte para os vindeiros anos!

Adiante, graduados!

 

 

 

 

 

 

Comments are closed