A graduación dos leonciños

Os leonciños de 5 anos graduáronse a semana pasada. Rematan unha etapa, chea de aprendizaxe con emoción, e prepáranse para un novo ciclo.

Chegaron moi nerviosos ao colexio e alí os profesores axudáronlles a prepararse para a celebración.

A seguir, dirixíronse ao salón de actos, onde todas as familias estaban a esperar por eles, para compartir esta despedida.

A guía do acto foi a súa titora, a mestra Marga. Co seu bo facer, acompañou a estes leóns e leoas durante tres anos, todos eles han permanecer para sempre no seu recordo. E os nenos e as nenas non esquecerán as doces palabras da súa profesora, que lles darán azos para afrontar os novos retos que a vida lles poña por diante.

 

Só nos queda desexarvos un marabilloso camiño na primaria.

Comments are closed