Actividades e festival de Nadal de primaria

 

Durante o mes de decembro, o alumnado de primaria estivo preparando diversas actividades relacionadas co Nadal.

Decoramos as portas, creamos postais para o amigo invisible, fixemos adornos para os corredores… Todo encheu o cole do espírito do Nadal.

  

  

A actividade da decoración das portas tivo, un ano máis, uns resultados incribles.

 

O día 21 de decembro, celebramos o festival. Quixemos amosar como se celebra o Nadal nas diferentes partes do mundo. Os que guiaron o desenvolvemento do festival foron dous alumnos de secundaria, que fixeron de presentadores.

Os nenos de 1.º e 2.º curso cantaron unha panxoliña típica venezolana chamada Mi burrito sabanero, que bailaron con moitísimo ritmo.

O curso de 3.º de primaria, co seu vestiario de árbore de Nadal, representou  o conto europeo O pequeno abeto.

Os nenos de 4.º foron os encargados de contarnos a lenda escandinava do gnomo Tomte.

Por último, 5.º e 6.º de primaria interpretaron a panxoliña americana Santa Claus is coming to town, na súa versión mais góspel.

Ao rematar as actuacións, apareceu un convidado especial, Papá Noel, que fixo as delicias dos nenos e as nenas repartindo agasallos e fografándose con todos eles.

As nosas alumnas e os nosos alumnos fixérono moi ben e todos o pasamos en grande!!

Comments are closed