Alumna premiada no Certame de pintura de Vigolandia

Esta semana tivo lugar a entrega de premios do Certame de pintura de Vigolandia no concello de Vigo.

Un grupo de rapaces e rapazas de educación primaria recibiu, de mans do alcalde, cadanseu diploma de recoñecemento polas obras premiadas no XII Certame de pintura de Vigolandia. A temática deste ano foi: o Dinoseto de Nadal.

E así de orgullosa se amosaba a nosa alumna de 6.º de primaria, Nayeli, co seu diploma:

Fixádevos ben no diploma que sostén, poderedes ver a pintura da súa autoría.

Só nos queda felicitarte, Nayeli, polo teu bo facer. Sigue así! E non nos esquecemos dos demais participantes no certame, o próximo ano será o voso!

 

Comments are closed