Ano novo chinés no Quiñones de León

O Instituto Interculturas de Vigo, escola especializada no ensino da lingua e cultura chinesa, celebrou no noso colexio o novo ano lunar, o ano do porco.
Reuníronse representantes da comunidade chinesa en Vigo, co concelleiro de Seguridade do noso Concello, Carlos López Font, ademais dalgúns membros do noso centro escolar.


Nesta xuntanza, destacaron a importancia que ten para o seu alumnado a aprendizaxe ou mantemento da lingua chinesa, para que nun futuro poidan desenvolverse nas tres linguas: galego, castelán e chinés. Estes rapaces e rapazas converteranse na base das relacións comerciais entre Vigo e a China.
Os alumnos e alumnas do instituto amosaron nun festival o seu coñecemento da súa lingua de orixe. A aprendizaxe de linguas sempre suma e cómpre manter as nosas raíces para manter a cultura.


Feliz ano novo!

Comments are closed