ANPA / Actividades

A principal función da Asociación é participar na xestión do Centro a través do seu máximo órgano de goberno, o Consello Escolar. É, polo tanto, unha canle de participación das familias na devandita xestión. Ademais, realiza tarefas de colaboración co Colexio cando se require a súa axuda, organiza actividades extraescolares para os alumnos e tamén charlas e outras actividades destinadas ás familias.para os alumnos e tamén charlas e outras actividades destinadas ás familias.

Competencias.

1.- Elevar ao Consello Escolar propostas para a elaboración do proxecto educativo e da programación xeral anual.
2.- Informar ao Consello Escolar daqueles aspectos da marcha do Centro que consideren oportuno.
3.- Informar a todos os membros da comunidade educativa da súa actividade.
4.- Recibir información do Consello Escolar sobre os temas tratados neste, así como recibir a orde do día do devandito Consello antes da súa realización, co obxecto de poder elaborar propostas.
5.- Elaborar propostas para o Consello Escolar a iniciativa propia ou a petición deste.
6.- Elaborar propostas para a realización de actividades complementarias.
7.- Elaborar propostas de modificación do regulamento de réxime interior.
8.- Coñecer os resultados académicos e a valoración que destes realice o Consello Escolar.
9.- Recibir un exemplar do listado de libros de texto e os materiais didácticos adoptados polo centro.
10.- Recibir un exemplar do Proxecto Educativo, do Proxecto Curricular e das súas modificacións.
11.- Fomentar a colaboración entre os pais e profesores do centro para o bo funcionamento deste.
12.- Utilizar as instalacións do Centro nos termos que estableza o Consello Escolar.

Obxectivos.

Para dar cumprimento ao modelo de funcionamento deseñado, consideramos que os principais obxectivos ou metas a alcanzar este curso son os seguintes:
1.- Sensibilizar os pais e nais sobre a idea de que a
ANPA é o principal instrumento e a canle de participación máis adecuada para fortalecer o movemento asociativo de pais e nais, incrementar a presenza destes na educación e defender un modelo de Escola plural, tolerante e democrático.
2.- Recuperar a confianza no papel esencial da Educación nunha sociedade democrática avanzada e recuperar, así mesmo, un sentido transformador que os pais e nais podemos contribuír a desenvolver coa nosa participación e as nosas reivindicacións como membros activos da comunidade escolar.
3.- Analizar os obxectivos e funcionamentos das
ANPAS e formular a necesidade de acometer novas funcións e tarefas para afondar no desenvolvemento dun modelo de xestión democrático e participativo.
4.- Apostar decididamente porque a
ANPA sexa o instrumento de autoformación dos pais e nais e un dos piares básicos para garantir a xestión democrática dos Centros.
5.- Coñecer a organización e funcionamento dun Centro Escolar, así como os seus órganos unipersoais e colexiados, coas súas respectivas competencias.
6.- Defender os dereitos individuais e colectivos da comunidade educativa.

Actividades.

-Actividades extraescolares dirixidas aos alumnos fóra do horario escolar.
-Servir de apoio ao centro escolar en todo o que se nos requira.
-Mecanismos de coordinación cos outros sectores da comunidade educativa que inclúan directrices sobre a actuación dos representantes dos pais e nais nos órganos colexiados como o Consello Escolar, órgano de máxima representación.
-Subvencionar os gastos das excursións
-Saídas de convivencia fóra do horario escolar.

 CONTACTA

[email protected]

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies Máis información sobre Cookies

ACEPTAR