Normas iniciais

Normas de organización inicial

  1. Dar un tempo prudencial para que ir rexistrándose  e elaborar unha base de datos de todos por promocións. No rexistro sería desexable que fose facilmente recoñecible a persoa que se rexistra -foro privado antigos alumnos na páxina web do centro- para evitar intromisións. Así: nome e apelidos, promoción, correo e/ou teléfono.
  2. Cando  haxa un número considerable de rexistrados programar unha primeira reunión. Pode ser no salón de actos do centro. Se non fose posible veríamos a posibilidade de facelo nun local meirande.
  3. Crear nesas primeiras reunións unhas comisións que levaran a cabo o proxecto da creación dunha asociación de antigos alumnos do centro.  Buscamos, tamén, algún de vós que teña algo de destreza nas lides informáticas para poder nomealo “editor” da sección Antigos Alumnos da páxina web do centro.
  4. Decirvos a todos vós que quen está detrás desto todo son eu: Manuel.  Clarexalo xa que según algún de vós non se me identificaba. A miña función remataría no momento no que se conformase unha comisión que continuase os trámites desde proxecto.

Email: antigosalumnos@quinonesdeleon.es

PODEDES APORTAR IDEAS NESTA MESMA PÁXINA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *