Aprendemos con maquetas

As maquetas son moi útiles para fixar coñecementos, xa que permiten que o alumnado entenda mellor un tema, xa sexa relacionado co medio natural, a ciencia, a literatura…

Ademais, permiten que os coñecementos se capten a través dos cinco sentidos, axudando a que se interioricen con gran facilidade.

Por iso, o día 7 de marzo, os rapaces de 4.º de primaria trouxeron maquetas sobre diferentes conceptos que traballaron este curso en Ciencias Sociais: as capas da Terra, o ciclo da auga e instrumentos de medida: o pluviómetro e o anemómetro.

É certo que facer unha maqueta é unha actividade máis laboriosa que a maioría das tarefas, pero, sen dúbida, merece a pena!

Felicidades a todos polo voso traballo!!

 

Comments are closed