ARTE URBANA NO QUIÑONES DE LEÓN

Na fin de semana do 17-18 de novembro, deuse por rematada a primeira parte do proxecto  “Vigo Cidade de Cor” no noso centro. Este proxecto pretende dar cabida á arte mural e urbana nas medianeiras e zonas públicas da cidade, tendo a súa extensión nos colexios de Vigo.

Vén da man da ilustradora Iria Prol, veciña de Xinzo, que comezou a súa andadura aos dezaseis anos, cando pintou o seu primeiro mural en Ourense. Pero foi en Bristol onde realmente explotou a súa arte pintando murais polas rúas da cidade. Hoxe en día é unha ilustradora e directora creativa, que realiza proxectos creativos e deseños a medida, ademais de ter a súa propia liña de produtos.

Deixámosvos aquí a mostra do seu mural nas paredes do noso patio, como aperitivo do próximo traballo de Iria. Esperamos que vos guste.

Comments are closed