Esencia de amorodo

A linguaxe da vida é universal e os constituíntes básicos son os mesmos nun amorodo e en nós mesmos. Así que en 3º de ESO extraemos o ADN duns amorodos, un longo fío enroscado formado por moléculas (bases) unidas en parellas: timina-adenina, citosina-guanina; e así todo, repetíndose millóns de veces. Como teñen moito ADN similar (xa que levan oito copias en lugar das dúas dos humanos), sóense usar para estas cousas. O primeiro é ter amorodos (quen preguntaba de que—

Ler máis

O laboratorio escolar na Semana da Ciencia

A actividade de 3º ESO para a Semana da Ciencia consistiu na elaboración dun vídeo cómico-pedagóxico sobre o laboratorio escolar: que normas se deben seguir, que aparellos hai, que materias e comportamentos son perigosos, cal son as medidas de seguridade, etc. O vídeo foi visto, despois dun pequeno concurso sobre o laboratorio, polos alumnos de toda a ESO e parece que lles gustou. Grazas a Xoan, Alba, Hiba e Yassir por perder a vergonza durantes uns minutos e participar como—

Ler máis

Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais

O grupo de 4.º da ESO asistiu hoxe á VI Edición da Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais, que se celebrou no Auditorio Mar de Vigo. Aquí puideron informarse sobre distintas oportunidades formativas que existen en Vigo. Así coñeceron cursos, ciclos e graos aos que poden acceder relacionados con múltiples ámbitos: idiomas, deseño gráfico, deseño web, auxiliares de voo, xoieiría, música, comercio internacional…

Science Class at the Lab: Bones

Aproveitando que é a Semana da Ciencia e que estamos a estudar o tema do corpo humano en Natural Science, este luns, trasladamos a clase ao Laboratorio. Mirade que ben o pasaron os nenos e nenas de 4º de Primaria co noso amigo Huesitos.

Obra de teatro: SAFARI

O pasado venres, os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria foron ao teatro AFundación para desfrutar dunha marabillosa obra chamada SAFARI. Dramatizada por soamente dous actores, trasladounos a África, máis concretamente á rexión do Serengueti, onde misteriosamente desaparece o león. Coa axuda dos nosos valentes exploradores, desvelamos o porqué da desaparición do rey da selva, ao mesmo tempo que aprendemos valores como o respecto e a empatía. Pero o que máis destacamos e a aprendizaxe dunha valiosa—

Ler máis