O quentamento da Terra

O alumnado de 2º e 3º ESO asistiu a unha charla do profesor Carlos Pérez-Collazo, da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da UVigo, sobre o cambio climático que está a acontecer no planeta.   As causas son claras e apuntan a actividade humana dos dous últimos séculos, desde a Revolución Industrial, pola emisión á atmosfera de grandes cantidades de gases de efecto invernadoiro, como o dióxido de carbono, o metano ou os óxidos de nitróxeno e de xofre.—

Ler máis

4º ESO pescuda o seu grupo sanguíneo

O alumnado de 4º ESO dedicou a clase de Bioloxía a pescudar o seu grupo sanguíneo. Cun pinchaciño (voluntario: non todos se atreveron) e reactivos de anticorpos do distintos grupos do sistema ABO e Rh, puideron comprobar cal era o seu tipo de sangue segundo a reacción ou non de aglutinación dos glóbulos vermellos.

Aí tedes a algúns despois da minicirurxía.

Seguimos cun obradoiro de luces e sombras

Na última semana antes das vacacións do Nadal, o alumnado dos grupos de 1.º, 2.º, 3.º e 4.º de primaria gozou dunhas sesións de pedagoxía da luz coma recompensa polo esforzo realizado durante o trimestre. Deste xeito, e adaptados ás diferente idades, presentábanselles unha serie de retos tomando como elemento motivador, como non podía ser doutro modo, o Nadal. Entre estes retos, tiñan que ser quen de construír unha árbore con vasiños para adornala; clasificar as “bólas”, de xeito colaborativo,—

Ler máis

Recursos da terra

Os alumnos de 2º ESO aprenderon un pouco dos recursos naturais que ten Galicia e o seu aproveitamento  grazas aos paneis explicativos que nos cederon na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía. Velaí os tedes na clase de Tecnoloxía.