-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
Category Archives: Actividades
Participación no EnlazaVigo
Con motivo do Día contra a violencia de xénero, o grupo de 4.º da ESO participou nos actos organizados pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e mais o Consello Municipal da Muller. O obxectivo desta xornada é lograr que as novas xeracións se impliquen activamente para construír unha sociedade máis xusta e igualitaria para todas e todos.
Celebramos o Magosto
Obradoiro de regueifas. 2.ª sesión
Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais
O grupo de 4.º da ESO participou no programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais. Aprenderon o significado e a importancia da identidade dixital e a pegada dixital, así como algunhas nocións sobre seguridade nas redes sociais. Agora só lles queda poñer en práctica o aprendido.
Xornada de portas abertas Conecta con atlanTTic
O venres pasado o grupo de 3.º da ESO visitou a Facultade de Telecomunicacións da Universidade de Vigo para participar na xornada Conecta con atlanTTic. Ademais da cámara anecoica, na que non se escoitaba ningún son, puidemos ver a maqueta a tamaño real do último satélite enviado ao espazo, chamado “Lume”. No laboratorio de óptica-electrónica puidemos tocar os microchips cos que traballan. E, por último, dos distintos postos polos que pasamos, chamounos a atención o can robot. Algún do noso alumnado—