Xornada de portas abertas Conecta con atlanTTic

O venres pasado o grupo de 3.º da ESO visitou a Facultade de Telecomunicacións da Universidade de Vigo para participar na xornada Conecta con atlanTTic. Ademais da cámara anecoica, na que non se escoitaba ningún son, puidemos ver a maqueta a tamaño real do último satélite enviado ao espazo, chamado “Lume”. No laboratorio de óptica-electrónica puidemos tocar os microchips cos que traballan. E, por último, dos distintos postos polos que pasamos, chamounos a atención o can robot. Algún do noso alumnado—

Ler máis

Vigo en inglés 2023

Algunhas das nosas alumnas de 4.º da eso están a participar no Programa de Inmersión en Lingua Inglesa, impulsado polo Concello de Vigo. Durante a súa estadía, ademais de saídas e excursións, teñen a oportunidade de asistir a un centro escolar. É unha oportunidade óptima para mellorar o seu dominio da lingua inglesa e afondar nunha nova cultura.

Actividades extraescolares curso 2023-2024

Xa estamos a organizar este novo curso e queremos propoñer algunhas actividades extraescolares para o alumnado do centro. Este curso as actividades chegarán da man de Cocofante. Estamos seguros de que resultarán un bo complemento para a formación dos rapaces e rapazas. Podedes premer sobre a primeira imaxe para inscribirvos ou a continuación: ACTIVIDADES.      

Graduación de secundaria

Este curso 2022-2023 xa está chegando á súa fin e, como todos os cursos nesta época, o alumnado de 4.º da ESO celebra a graduación. Como lles transmitimos ese día o profesorado: unha nova viaxe comeza para eles, pero sen esquecer que aquí sempre terán a súa casa, á que poden regresar. O alumnado tamén compartiu con toda a comunidade educativa un vídeo e unhas palabras que gardaremos para sempre no noso recordo. Desexamos que esta nova etapa vos traia—

Ler máis