Vigo en inglés

Algúns dos nosos antigos leonciños, xa en Bacharelato, están a participar estes días da súa experiencia no programa do Concello de Vigo: Vigo en inglés. A súa experiencia de inmersión lingüística está a transcorrer na cidade de Chester. Esperamos que regresedes co voso corazón cheo de grandes aventuras.

DígochoEu

Hai unhas semanas, compartiamos con vós uns vídeos feitos polo alumnado de secundaria nos que recreaban o programa Dígocho Eu. A semana pasada achegámonos ata Santiago de Compostela para asistir á gravación dun programa en directo. Ata alí fomos algunhas alumnas, familias e profesoras do centro. Puidemos coñecer a Esther Estévez, Carlos Amado e Rocío. Foi unha tarde inesquecible, compartida con moitos centros escolares que tamén se achegaron para vivir unha tarde única. Se queredes ver tamén o programa, podedes—

Ler máis

Roteiro literario: Os fillos do lume

No Departamento de Lingua Galega e Literatura propuxemos este ano a lectura de Os fillos do lume, de Pedro Feijoo. O alumnado de 4.º da ESO gozou lendo esta obra e serviunos para descubrir que descoñecían Vigo, a cidade onde viven! Así que decidimos poñerlle remedio. Xunto co Departamento de Xeografía e Historia creamos un itinerario co que puidemos coñecer, aprender e gozar da obra e da cidade. O pasado 7 de xuño saímos a percorrer a cidade e a—

Ler máis

Día de convivencia de secundaria: Illa de Ons

Este pasado venres, o alumnado de secundaria gozou dunha xornada de convivencia na Illa de Ons. Viaxaron en barco ata a illa. Unha vez alí, participaron nunha xincana de preguntas sobre a illa. E, ao rematar, achegáronse ata a praia. Compartiron o momento da comida e o de xogos na praia. E, para rematar, fixeron unha ruta ata o faro. Foi unha fermosa xornada ao aire libre, que esperamos que poidan repetir pronto.

Premio “Cíes, o paríaso de todos”

O grupo de 2.º eso B puido gozar do seu premio no concurso “Cíes, o paraíso de todos”: unha viaxe ás illas Cíes. O alumnado tomou o barco no peirao de Vigo e puxo rumbo á nosa marabillosa illa.   Ao chegar á illa, acompañounos unha guía, coa que fixemos unha visita na que nos explicou curiosidades sobre a illa: os seus habitantes, a flora, a fauna… Despois de comer, as máis e os máis valentes gozaron dun baño nas—

Ler máis

Día das Letras Galegas

Este ano, o Día das Letras Galegas estivo dedicado a Florencio Delgado Gurriarán. O noso alumnado tivo a posibilidade de coñecer este autor e de ler algúns dos seus poemas. Despois deste traballo previo, o alumnado de primaria fixo uns murais cos que participaron no Concurso de murais organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística. A seguir, podedes ver os gañadores deste concurso: O Equipo de Dinamización Lingüística tamén organizou un Concurso de poesía. Houbo moita participación e foi complicado elixir, pero—

Ler máis