Contacontos e despedida

Este mes de marzo veu Aída ata a biblioteca do Quiñones de León a contarnos un conto. Aída é a irmá dun dos nosos alumnos de catro anos, e ademais conviviu estes últimos meses con nós como profesora en prácticas de educación infantil. Esta foi unha visita agridoce, xa que tamén era a súa despedida. Trouxo baixo o brazo o libro Sky, detective, da Editorial Bruño, no que aparecen personaxes de sobra coñecidos polos nenos: o lobo feroz, a carapuchiña—

Ler máis

Visitas á Biblioteca Xosé Neira Vilas

Os últimos días do segundo trimestre, o alumnado da ESO visitou a Biblioteca Xosé Neira Vilas. Alí puidemos gozar da compañía e guía das encantadoras bibliotecarias Mar e Noelia, que nos amosaron a biblioteca, o seu funcionamento, os diferentes recunchos, indicáronnos que pasos temos que seguir para buscar información, ler, investigar e tamén pasar momentos de lecer nun lugar tan preto de nós. A seguir, faláronnos das casas e con elas de arquitectura, e aínda que non o creades mostráronnos—

Ler máis

CONTACONTOS DE ANIMAIS

Volvemos ter a visita dun pai dos nosos pequenos. Pero, desta vez, podemos dicir que coñece de preto todos os segredos do cole, xa que é un mestre dos nosos. Chema, mestre de educación física e pai de Asier, alumno de 5 anos, veu cargado de historias de animais. Comezou contándonos  a historia de O elefante comellón, da Editorial Kalandraka, un conto rimado no que aparecen unha chea de animais da selva que “camiñando camiñando…”. O seguinte conto que nos trouxo foi ¿Quién—

Ler máis

Contacontos en infantil: “El árbol de los deseos”

Parece que as familias dos grupos de educación infantil cada vez están máis animadas. Esta semana pasada visitounos a nai dunha das nosas alumnas de catro anos. De entre os contos preferidos da súa pequena, elixiu El árbol de los deseos. Esta historia ten o osiño Teo como protagonista e a través del imos valorar a importancia da familia e imos descubrir canto nos queren os que nos coidan e canto lles queremos nós, aínda que ás veces nos enfademos.—

Ler máis

Contacontos: Axente Riciños

Durante a semana do Entroido tivemos unha visita moi especial: a do contador de historias Iago López. Veu visitarnos co libro Axente Riciños, da editorial Xerais, debaixo do brazo.   O máis incrible deste contacontos é a súa voz. Os nenos quedaron quietos e expectantes desde o primeiro momento. Como ía modulando a voz en función do que quería transmitir, como se cerrabas os ollos podías ver os osiños e mesmo a Riciños de Ouro… Certamente marabilloso! O mellor desta—

Ler máis