Celebración do Día das Letras Galegas 2019

O Día das Letras Galegas é todos os días do ano, sabémolo e é algo que intentamos transmitir ao noso alumnado, promovendo o uso e o coñecemento da nosa lingua. Pero o día 16 de maio xuntámonos no patio do colexio para falar un chisco sobre a figura homenaxeada deste ano: Antonio Fraguas, fundamental para coñecer na actualidade cantigas e tradicións, que doutro xeito serían descoñecidas para nós. Tivemos uns grandes presentadores para a ocasión, un par de alumnos de—

Ler máis

Preparación do Día das Letras Galegas 2019

Este ano o homenaxeado polo Día das Letras Galegas foi Antonio Fraguas Fraguas. Todas as etapas educativas do noso colexio procuraron coñecer un pouco máis sobre a vida e a traxectoria profesional deste home, gran defensor da nosa cultura e da nosa historia. Traballamos tanto na clase como na aula de informática, fixemos buscas de información, participamos en xogos en liña, aprendemos sobre o noso traxe tradicional, costumes, festividades e toponimia.   O Equipo de Dinamización da Lingua Galega preparou—

Ler máis

Galego in Wales

Desde o departamento de inglés, quixemos tamén celebrar o Día das Letras Galegas. E non atopamos mellor forma que investigando o alcance que ten a lingua galega fóra das nosas fronteiras. E foi así como descubrimos o Centro de Estudos Galegos na Universidade de Bangor, Gales. Co apoio da Xunta de Galicia, e sendo un centro líder mundial no seu campo, ten como obxectivo promover e consolidar a investigación e a ensinanza dos estudos galegos no País de Gales, no—

Ler máis

Día das Letras Galegas 2018

Este ano o Día das Letras Galegas dedícase a María Victoria Moreno, profesora, escritora e defensora da nosa lingua e a nosa cultura. Ao longo do mes de maio, demos a coñecer nas aulas información relevante sobre esta autora: a súa vida, as linguas que falaba, a importancia da súa obra, etcétera. A seguir, o alumnado trasladou a formato mural toda esta información. Gústanos sempre potenciar a capacidade artística dos nosos alumnos e alumnas, xa que é un dos seus—

Ler máis