Visita de Andrea Maceiras

Na xornada de hoxe recibimos a visita tan esperada de Andrea Maceiras. Achegouse ao colexio para falar co noso alumnado de 1.º, 2.º e 3.º da ESO sobre as súas obras A folla azul e Europa Express. Comezamos cunha viaxe ata a Amazonia, durante a que visitamos terras e coñecemos tribos, costumes, fauna e flora. Revivimos momentos únicos das protagonistas de A folla azul e presentounos a tribo que lle serviu de inspiración. A seguir, continuamos cun percorrido en interraíl por—

Ler máis

Orgullo Galego con nós

O alumnado de 3.º da ESO tivo a oportunidade de escoitar a Borxa, de Orgullo Galego. Esta comunidade comparte e difunde contidos relacionados con Galicia, a súa cultura, tradicións, curiosidades, lugares interesantes… Borxa, desta volta, veu para falar de redes sociais en galego, do uso do galego en Internet e de que o galego é unha lingua coa que se pode chegar a todo o mundo. Moitas grazas por amosar esta realidade ao noso alumnado!

Día das Letras Galegas

Este ano 2023, dedícaselle o Día das Letras Galegas a Francisco Fernández del Riego, intelectual, editor, escritor e gran mantedor da nosa cultura. Ademais de coñecer esta persoa e afondar no seu traballo, decidimos traballar a fraseoloxía e o léxico de noso. Enfocámolo desde unha óptica creativa, na que o alumnado puido facer un deseño dunha camiseta na que plasmase algunha frase feita das traballadas. Hoxe xuntámonos para compartir estes traballos e algunhas destas frases. Aquí vos deixamos unhas imaxes—

Ler máis