Celebración do Entroido

O pasado venres celebramos o Entroido no colexio. Para o alumnado de secundaria, o tema proposto foi vir vestidos da época que máis lles gustase. Moitos seguiron a indicación e outros tamén se animaron a vir disfrazados aínda que doutras temáticas. Tamén participaron no concurso de disfraces: Pasamos unha xornada marabillosa toda a comunidade escolar xunta.

Entroido na ESO

Este Entroido os nosos maiores tiveron como temática os deportes. Houbo animadores e animadoras, xogadoras de fútbol americano, de petanca, de baloncesto… e tamén adestradores e mascotas dos equipos. Tiveron unha xornada un pouco diferente neste curso, máis animada, acompañada de orellas e tamén de filloas. Gústanos ver como manteñen a tradición desta festa tan nosa!

A ESO tamén entroidou

O Entroido tamén se deixou notar nos cursos dos maiores. Non foi coma outros anos, pero algúns dos nosos alumnos e alumnas maiores tamén quixeron seguir as ordes do meco e o venres ata viñeron co seu mellor traxe para… si, para descansar. Aínda que tiveron que traballar coma outros días, non quixeron deixar escapar esta data tan nosa. E para mostra, aquí vos deixamos unhas imaxes: