EnlazaVigo

O alumnado de 4.º da ESO, con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, participou nas actividades do programa EnlazaVigo, organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo. Este programa é un instrumento útil para educar en igualdade a nosa mocidade e busca construír unha sociedade máis xusta e igualitaria para todas e para todos.

Día das Letras Galegas

Este ano, o Día das Letras Galegas estivo dedicado a Florencio Delgado Gurriarán. O noso alumnado tivo a posibilidade de coñecer este autor e de ler algúns dos seus poemas. Despois deste traballo previo, o alumnado de primaria fixo uns murais cos que participaron no Concurso de murais organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística. A seguir, podedes ver os gañadores deste concurso: O Equipo de Dinamización Lingüística tamén organizou un Concurso de poesía. Houbo moita participación e foi complicado elixir, pero—

Ler máis

Día das Letras Galegas, dígocho eu…

Hoxe é o Día das Letras Galegas, e gustaríanos compartir con vós nesta data uns vídeos que prepararon algúns grupos da ESO. Seguro que coñecedes o programa Dígocho eu. Pois o noso alumnado imitou os vídeos deste espazo televisivo. Así que atentos e atentas… Colgamos clase ou…? Facer a bogada… e ir de esmorga! Xogamos á billarda? Esperamos que vos gusten e que aprendésedes algunha nova expresión coa nosa rapazada!  

Entroido na ESO

Este Entroido os nosos maiores tiveron como temática os deportes. Houbo animadores e animadoras, xogadoras de fútbol americano, de petanca, de baloncesto… e tamén adestradores e mascotas dos equipos. Tiveron unha xornada un pouco diferente neste curso, máis animada, acompañada de orellas e tamén de filloas. Gústanos ver como manteñen a tradición desta festa tan nosa!

Día de Rosalía de Castro

O día 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro. Desde o colexio tamén nos sumamos a esta celebración, a do aniversario desta autora que homenaxeamos. Traballamos na clase a súa figura, lemos os seus poemas e tamén os imitamos. O alumnado fixo flores nas que escribiu as súas propias composicións, formaron a súa imaxe e déronlle cor, escribiron con lettering frases dos seus textos e do manifesto que se escribiu para esta data… E despois compartimos unhas—

Ler máis