A ESO e o Nadal

O alumnado da ESO quixo celebrar último día da clase compartindo con todos os compañeiros o seu tempo e os seus saberes. O grupo de 1.º da ESO deciciu contarlles uns contos aos leonciños. Primeiro, ensaiaron na clase e tamén na biblioteca diante dos compañeiros. Traballaron a expresión oral e a xestualidade, moi importantes para ser bos contadores de historias: E o día 21 de decembro tiveron que actuar diante do público máis esixente; os nosos leonciños: Foron uns valentes—

Ler máis

Marchamos de Magosto!

O pasado venres 16 de novembro, todo o alumnado do Quiñones de León celebrou a tradicional festa do Magosto no monte do Vixiador. Xunto a unha paisaxe de outono e un cheiro a castañas e chourizos, os nenos pasaron a mañá xogando, pintando a cara e divertíndose cos seus compañeiros e profesores. Este ano, como novidade, tamén contamos cunha máquina de asar castañas!! Os alumnos dos cursos superiores de Primaria tamén o pasaron moi ben resolvendo un xogo de pistas—

Ler máis

DÍAS DE MEDO E DE CASTAÑAS NO QUIÑONES

Entre o 22 de outubro e o 2 de novembro, estivemos traballando no cole as festividades do Samaín e do Halloween. Todo impregnado polo cheiro da castaña e demais froitos típicos do outono. De momento, non puidemos celebrar como se merece o magosto no monte, por mor do tempo, pero aínda temos esperanzas. Este ano traballámolo dun xeito distinto, xa que intentamos que todas as áreas estivesen presentes. Así, dende a área de lingua, traballáronse os contos de medo e—

Ler máis

Graduámonos!!

A pasada semana celebráronse no cole as graduacións de Educación Infantil e Educación Primaria. Había moitos moitos nervios, tanto entre os nenos coma entre os profes, pero ao final todo saíu xenial. Durante a graduación de Infantil, e despois de poñer as togas, os nenos e nenas de cinco anos recitáronnos un poema sobre todo o que aprenderon durante estes tres anos, e sobre a emoción que teñen por pasar a Primaria. Despois, as nosas profes Aldi e María dirixiron—

Ler máis

Cando Jules Verne andou por Vigo

No 2018 celébranse os 140 anos da primeira visita do escritor francés a Vigo. A esta baía fai referencia Jules Verne na súa obra 20000 leguas baixo os mares. Así, durante a Semana do Libro, os alumnos de 4.º, 5.º e 6.º de primaria emularon o escritor, tratando de construír un globo aerostático coa axuda da profesora Diana e alumnos de 2.º e 3.º de ESO. Tamén lanzamos un foguete de auga que non acadou a Lúa, pero case… chegou ao—

Ler máis