O Samaín (parte 1)

Estes días, nos que celebramos o Samaín, o alumnado de educación infantil recibiu a visita dalgúns compañeiros e compañeiras de secundaria que querían contarlles un conto. O álbum elixido foi Queda sitio na vasoira? Despois, ao igual que fixo a meiga, os nosos pequenos e pequenas prepararon a súa pócima, recitaron o seu conxuro e conseguiron que aparecesen uns doces.

Samaín/Halloween 2020

This gallery contains 11 photos.

Como todos os anos por estas datas celebramos o Samaín en primaria. Esta tradición provén da cultura celta na que celebraban o final da tempada de colleita e o comezo dun novo ano. Aínda que é certo que este curso é diferente aos demais non quixemos deixar pasar a oportunidade de celebrarlo co noso alumnado. Así que adaptándonos ás novas circunstancias, tentamos que esta semana pasada o noso alumnado gozase, tanto en casa como no cole, de actividades especiais. Deixámosvos—

Ler máis