Desmontando tópicos

Os alumnos de 4º ESO visitaron a biblioteca Neira Vilas por mor da recente celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, e asistiron ás charlas que deron dúas enxeñeiras da Universidade de Vigo sobre a importancia de desmontar  os prexuízos que falan da inferior capacidade das mulleres para as ciencias e a tecnoloxía.  Marie Curie, Ada Lovelace, Rosalind Franklin, Emmy Noether e un longo etcétera son o mellor exemplo de que  a realidade é moi outra.

Proxecto “Planeta Cíes”

O grupo de 3.º da ESO vai participar no proxecto “Planeta Cíes”. Este proxecto consiste en dar a coñecer o porqué da candidatura das illas Cíes a Patrimonio Mundial da Unesco. A presentación para os estudantes deste programa educativo tivo lugar no Auditorio Mar de Vigo, onde se presentou o traballo de base que lles servirá de punto de partida para achegarse aos valores naturais, ambientais e culturais do arquipélago. Este grupo acabará coñecendo as particularidades das illas e ata—

Ler máis

O xadrez na escola

Esta semana tivemos a visita de Anxo Pazos, un monitor do Club de Xadrez Galego, único centro internacional de xadrez de Galicia. No colexio somos conscientes dos beneficios da práctica desta actividade (favorece a concentración, a atención, a capacidade de abstracción e o razoamento), por iso decidimos presentar o xadrez ao noso alumnado de primaria e secundaria. E así transcorreu a sesión, entre explicacións, vídeos demostrativos e ata un par de partidas no mundo dixital: Agora só esperamos ter sementado—

Ler máis

Navegar con rumbo

O Departamento de Orientación do Quiñones de León achegou o alumnado de 1.º e 2.º da ESO o plan Navega con rumbo polo ciberespazo. Esta é unha iniciativa que parte do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia. Trátase dun proxecto destinado a dar a coñecer ao alumnado os riscos que implica navegar por Internet. Dun xeito ameno, o relator, Ignacio Colino, amosou ao alumnado cuestións relacionadas coa seguridade en Internet. Fíxolles—

Ler máis

EduCANdo con Malibú

Hoxe tivemos unha fermosa mañá no Quiñones de León. Estivo co noso alumnado de educación primaria Malibú, unha cadela que foi rescatada do abandono. Na actualidade vive na Casa Grande de Xanceda. Malibú fíxose profesora e agora visita os colexios galegos para falarlles aos nenos e ás nenas da necesidade de ser responsables no coidado dos animais. A charla foi moi animada. Adriana, a amiga de Malibú, explicounos como se coñeceron, falamos sobre o cariño que se lles colle aos—

Ler máis