Visita ao Museo Liste

Esta semana os grupos de 3.º e 4.º da ESO visitaron o Museo Liste. É un museo etnográfico que amosa nas súas salas aspectos relacionados cos oficios, os tecidos, os cereais, a luz ou a arte de curar. Tras a visita, o noso alumnado participou do obradoiro “Enigma”, a través do que coñeceron diferentes códigos, mensaxes cifradas, xeroglíficos… que puxeron en práctica nunha xincana.  

Vigo en inglés 2023

Algunhas das nosas alumnas de 4.º da eso están a participar no Programa de Inmersión en Lingua Inglesa, impulsado polo Concello de Vigo. Durante a súa estadía, ademais de saídas e excursións, teñen a oportunidade de asistir a un centro escolar. É unha oportunidade óptima para mellorar o seu dominio da lingua inglesa e afondar nunha nova cultura.

Vigo en inglés

Algúns dos nosos antigos leonciños, xa en Bacharelato, están a participar estes días da súa experiencia no programa do Concello de Vigo: Vigo en inglés. A súa experiencia de inmersión lingüística está a transcorrer na cidade de Chester. Esperamos que regresedes co voso corazón cheo de grandes aventuras.