Participación na charla «Conectamos ben»

Desde o departamento de orientación, en colaboración coa área de Igualdade do concello de Vigo, o noso grupo de 4.º da ESO asistiu o día 24 de outubro á charla «Conectamos ben. Mozos e mozas que se tratan de = a =». O obxectivo desta charla é implicar a mocidade na loita contra a violencia de xénero e sensibilizalos sobre as novas formas de violencia simbólica e real.

Día da Biblioteca Escolar

O día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca Escolar, por iso no día de hoxe abrimos as portas da nosa biblioteca para que todo o noso alumnado nos visitase. O lema que se propuxo este ano foi o de: «Aprender a pensar» e baixo esta premisa imos funcionar durante este curso. Queremos lograr que os nosos alumnos e as nosas alumnas adquiran un espírito crítico, fundamental para o seu desenvolvemento persoal. O noso alumnado de infantil puido gozar—

Ler máis