Aprendemos sobre a hixiene dental

Os nenos e nenas de 3.º de Primaria están a estudar unha unidade relacionada coa importancia da saúde na materia de Natural Science. Nun dos apartados atópase a hixiene dental. A partir da construción destas dentaduras, aprenderon non só o nome dos dentes, senón tamén algúns hábitos saudables. Mirade o ben que o pasaron!

Creamos maquetas de personaxes literarios

Os nenos e nenas de segundo de Educación Primaria estivemos a traballar sobre algúns dos personaxes literarios máis coñecidos. O primeiro de todo foi a investigación; na nosa casa coa axuda das nosas familias investigamos certos nomes que nos proporcionou a mestra. Deseguido, na clase puxemos en común toda a información que tiñamos e elaboramos uns carteis informativos que agora adornan a nosa aula e que vos amosamos aquí. Despois disto, eliximos entre todos cales eran os nosos favoritos, que—

Ler máis

Estreamos páxina web

Sin títuloA partir de hoxe temos unha nova páxina web. Esperamos que vos guste e que vos sexa útil. E se vedes que ten fallos, dádelle unha oportunidade ata que mellore.
Os pais poderedes -se queredes- pedir cita cos titores por Internet na sección correspondente.
Trataremos, tamén, de informar das actividades que leva a cabo o colexio.

Benvidos!