Entroido 2023 (Ed. Primaria)

Como xa sabedes, o entroido no Quiñones é unha data especial. Seguindo coa nosa tradición, este ano elaboramos unha vez máis os disfraces en clase e foron unha sorpresa para todas as familias cando nos viron con eles na comparsa. A temática dos disfraces, outra vez, foron os nosos proxectos como podedes ver a continuación. Pero isto non é todo, xa que, durante a semana participamos tamén no tradicional xogo do Meco e acabamos converténdonos en leóns remolóns, porque xa—

Ler máis

Berta Dávila visita o cole

Berta Dávila visita o cole A autora galega Berta Dávila visitou o pasado martes 7 de marzo o colexio para falarnos do seu último libro “Demetrio Demoscopio”. Acompañounos durante un ratiño, no que os menos e as nenas de 5º e 6º lle fixeron moitas preguntas sobre a súa vida, sobre o libro, sobre a súas fontes de inspiración… Ela compartiu connosco toda esa información e, despois, asinounos os libros. Grazas Berta pola túa visita!

A muller e a nena na ciencia

Co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia o 11F, levouse a cabo un obradoiro de divulgación científica para os rapaces e rapazas de 4o de Primaria. Consitiu nunha pequena charla, adaptada á idade do alumnado, sobre bioloxía e cómo investigan nos diferentes grupos de investigación no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. Dende aquí o noso agradecemento por esta interesantísima oportunidade. Nesta actividade tamén contáronnos dende como se sintetizan compoñentes da natureza para—

Ler máis

O mar

O alumnado de 1º e 3º ESO  asistiu á charla que a investigadora María Blanco, do Instituto de Investigaciones Marinas de Vigo (CSIC), deu no colexio sobre os produtos e subprodutos que obtemos do mar, non só como alimentos senón para todo tipo de usos, desde medicamentos ata abonos.  Que preto o temos e que pouco sabemos de todo o que nos proporciona o océano. Coidádeo, rapaces/as, que non hai planeta B. Grazas a Mª Blanco polo seu labor e—

Ler máis