Recibimos con ilusión a Malibú.

O pasado 21 de marzo, recibimos no cole unha visita moi especial. Nin máis nin menos que a Malibú, unha cadeliña que foi adoptada e agora vive feliz nunha granxa e goza enormemente de ser profe e visitar os coles de Galicia para loitar contra o abandono e fomentar a adopción, xa que España é un dos países nos que máis abandonos se producen cada ano. Ademais disto, estivemos a falar sobre os coidados necesarios para poder ter unha mascota—

Ler máis

8 marzo, Día da Muller 2023 (Ed. Primaria)

Este ano aproveitando o traballo sobre o 11F, Día da muller e a nena na ciencia, quixemos continuar con mulleres destacadas en campos científicas que foron e aínda son grandes descoñecidas a pesares dos seus logros.Para decorar a entrada do centro, o noso alumnado elaborou entre un anagrama do día con motivos florais e bolboretas.   Para o alumnado de 1º de E.P, proxectamos un vídeo adaptado á súa idade introducíndolle o tema e elaboraron uns fermosos marcapáxinas. O alumnado—

Ler máis

Entroido 2023 (Ed. Primaria)

Como xa sabedes, o entroido no Quiñones é unha data especial. Seguindo coa nosa tradición, este ano elaboramos unha vez máis os disfraces en clase e foron unha sorpresa para todas as familias cando nos viron con eles na comparsa. A temática dos disfraces, outra vez, foron os nosos proxectos como podedes ver a continuación. Pero isto non é todo, xa que, durante a semana participamos tamén no tradicional xogo do Meco e acabamos converténdonos en leóns remolóns, porque xa—

Ler máis

Berta Dávila visita o cole

Berta Dávila visita o cole A autora galega Berta Dávila visitou o pasado martes 7 de marzo o colexio para falarnos do seu último libro “Demetrio Demoscopio”. Acompañounos durante un ratiño, no que os menos e as nenas de 5º e 6º lle fixeron moitas preguntas sobre a súa vida, sobre o libro, sobre a súas fontes de inspiración… Ela compartiu connosco toda esa información e, despois, asinounos os libros. Grazas Berta pola túa visita!