Premios da VII Edición do Faro da escola

A principio de curso, un ano máis, o noso alumnado comezaba ilusionado a traballar na VII Edición do Faro da Escola como xa é tradición no noso centro. Coma sempre, toda Primaria e infantil colaboraron neste proxecto o cal deu os seus froitos este pasado martes. Ilusionado o noso alumnado recollía os galardóns de 3º mellor xornal e 3ª mellor portada. Pero os mellores premios xa os recolleran moito antes: todas aquelas experiencias e aqueles aprendizaxes vitais e competencias traballadas—

Ler máis

Axudas da Xunta para libros e material

Xa poden consultar a Orde do 29 de abril de 2022 na que se regula a participación no fondo solidario de libros e as axudas para libros e material en EP, ESO e Ed. especial en centros sostidos con fondos públicos (do 19 de maio ao 22 de xuño). Máis información no menú da dereita (Curso 2022-23, Axudas e Actividades)

Día da Familia en Ed. Infantil e Primaria

Atención! Esta entrada pode conter spoilers! Se os pequenos da casa aínda non sacaron dos seus enxeñosos agochos os seus agasallos, non sigades lendo. E é que esta semana, o noso alumnado de Ed. Infantil e Primaria estiveron preparando os seus agasallos con especial ilusión para celebrar o Día Internacional da Familia. Algúns con máis pericia que outros tentaron ocultalo para non desvelar a sorpresa, aínda que só aguantasen o primeiros cinco minutos sen presumir das súas elaboracións cos seus—

Ler máis