Axudas da Xunta para libros e material

Xa poden consultar a Orde do 29 de abril de 2022 na que se regula a participación no fondo solidario de libros e as axudas para libros e material en EP, ESO e Ed. especial en centros sostidos con fondos públicos (do 19 de maio ao 22 de xuño). Máis información no menú da dereita (Curso 2022-23, Axudas e Actividades)

Día da Familia en Ed. Infantil e Primaria

Atención! Esta entrada pode conter spoilers! Se os pequenos da casa aínda non sacaron dos seus enxeñosos agochos os seus agasallos, non sigades lendo. E é que esta semana, o noso alumnado de Ed. Infantil e Primaria estiveron preparando os seus agasallos con especial ilusión para celebrar o Día Internacional da Familia. Algúns con máis pericia que outros tentaron ocultalo para non desvelar a sorpresa, aínda que só aguantasen o primeiros cinco minutos sen presumir das súas elaboracións cos seus—

Ler máis

Día do libro en Educación Primaria.

O pasado 22 de abril celebrouse o día do libro e ao longo desa semana os alumnos e alumnas de Ed. Primaria  estiveron a levar a cabo unha serie de actividades encamiñadas á animación da lectura e ao desenvolvemento dun hábito lector adecuado. En Primaria, cada clase quíxonos contar un pouco acerca do seu libro de lectura de aula, ben sexa a través dun knolling no que participaron tamén o alumnado da ESO ou con distintas actividades: desde libros xigantes—

Ler máis

Semana do libro en Ed. Infantil.

O pasado 22 de abril celebrouse o día do libro e ao longo desa semana os alumnos e alumnas de Ed. Infantil  estiveron a levar a cabo unha serie de actividades encamiñadas á animación da lectura. Desde os marcapáxinas aos seus libros favoritos os pequenos da casa gozaron esta semana compartindo historias e contos. Descubrindo xuntos palabras e atopando nos libros letras coñecidas e outras por coñecer. En definitiva, o inicio da súa vida como lectores. Aquí tedes algunhas fotos—

Ler máis