Aviso importante

  • Debido ao cambio do tipo de ensino por mor do coronavirus, as programacións didácticas foron adaptadas ás circunstancias específicas deste curso. Os pais/nais e alumnos/as poden consultar estas programacións adaptadas nos menús da esquerda.

Os nosos guías turísticos: propostas de viaxes.

As limitacións de mobilidade ás que nos obriga o confinamento destes días, non impide que poidamos viaxar coa imaxinación, e mesmo planear esas viaxes que nos gustaría facer cos nosos seres queridos. Por iso, e para traballar de forma global as competencias do alumnado, nas tarefas destes días os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación primaria estiveron imaxinando que lugar lles gustaría visitar, facendo unha labor de documentación sobre o seu destino, planificando a viaxe, e mesmo—

Ler máis

Pequenos e grandes científicos: tutoriais de ciencia.

A última semana que tivemos a oportunidade de estar xuntos no cole, estabamos a desenvolver a Semana da Ciencia, unha iniciativa orientada a promover o coñecemento e o gusto pola ciencia en todas as etapas educativas. E a acollida foi estupenda entre alumnado, porque entre eles hai un gusto especial pola investigación e os experimentos científicos, xa desde Educación Infantil. E agora, nesta etapa de formación a distancia, onde incrementamos o uso dos medios tecnolóxicos, varios dos nosos alumnos os—

Ler máis

Oda ao coronavirus

A creatividade do noso alumnado sempre está a desenvolverse nos ámbitos máis diversos. Desta vez tocoulle o turno á poesía. E a inspiración dunhas fermosas obras poéticas viu da man do famoso “Coronavirus” do que tanto escoitamos falar dun tempo a esta parte. Raúl, alumno de sexto de Educación Primaria, reflicte nelas, con gran sensibilidade, dende emocións, ata recomendacións de hixiene ou a análise da realidade que nos tocou vivir nestas semanas. E ademáis, faino tanto en castelán como en—

Ler máis

Grazas!

O noso alumnado non para de traballar na casa. Cada quen ten as súas tarefas asignadas, e todos os días somos testemuñas do esforzo que fan tanto eles, como a súas familias. Por iso queremos transmitir as nosas máis cálidas grazas aos nosos nenos e nenas que tan ben se están a portar, e tanto se aplican na casa, e, por suposto, a vós familias pola paciencia e o esforzo que sabemos estades a realizar nestes difíciles días. O traballo—

Ler máis

Feliz Día do Libro!

Hoxe día 23 de abril celébrase un día moi especial: o Día do Libro. Por iso, como este ano temos que “quedar na casa” e non podemos celebralo todos xuntos, o profesorado do cole quixemos estar un pouco máis preto de vos a través das lecturas compartidas. Nos lemos en casa, e vos animamos a facer o mesmo con esta selección de suxestións feita con todo o agarimo do mundo. Lecturas profesorado ESO Lecturas  profesorado E: Primaria e ESO Lecturas—

Ler máis