Desmontando tópicos

Os alumnos de 4.º da ESO visitaron a Biblioteca Xosé Neira Vilas, por mor da recente celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, e asistiron ás charlas que deron dúas enxeñeiras da Universidade de Vigo sobre a importancia de desmontar os prexuízos que falan da inferior capacidade das mulleres para as ciencias e a tecnoloxía. Marie Curie, Ada Lovelace, Rosalind Franklin, Emmy Noether e un longo etcétera son o mellor exemplo de que  a realidade é—

Ler máis

Obradoiro de regueifas: 2.ª sesión

A semana pasada tivemos a visita de dous grandes regueifeiros no noso cole: Pinto de Herbón e Kike Estévez, dous grandes referentes da improvisación oral en galego. Esta segunda sesión foi completamente práctica para o noso alumnado. Comezaron practicando o ritmo facendo as súas presentacións, cantando sobre cidades ou sobre os seus deportes preferidos. A seguir, deixaron escapar a súa creatividade e comezaron a cantar as súas coplas, a partir das indicacións de Pinto de Herbón e de Kike Estévez.—

Ler máis

Tarzán en inglés

Comezamos a tempada teatral, neste caso en inglés. Xa levabamos dúas semanas traballándoa na clase, e o pasado luns, os nenos de quinto e sexto de primaria tiveron a oportunidade de gozar da historia de Tarzán, da compañía Face to Face. Representouse no teatro Afundación. Fomos en autobús ata o auditorio con moitas ganas de lembrar a historia dese neno que se criou na selva. E de adestrar o noso oído na lingua inglesa. Xuntámonos unha chea de nenos e—

Ler máis

Emprendendo e aprendendo: viaxe a Cangas

Os nenos de 4.º de primaria están a traballar nun proxecto chamado “Espírito Emprendedor”, no que coñecen e analizan o traballo necesario para montar unha empresa dende os seus inicios. O que para moitas persoas se traduce en facer realidade un soño. Con motivo deste proxecto, desprazámonos ata Cangas, os veciños de en fronte, para coñecer de primeira man dúas firmas que levan o seu traballo por bandeira: Rinoceronte Editora e Saias Ledas. Foi unha mañá moi fría, pero acompañounos—

Ler máis

FELIZ ANO!!

FELIZ ANO A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO QUIÑONES DE  LEÓN!! E que mellor forma de comezar este novo ano que amosándovos os preparativos e a festa do Nadal que fixemos no cole. Desde a ponte de decembro, puxémonos mans á obra e decoramos os corredores, elaboramos unha árbore dos desexos e traballamos a festividade do Nadal dende diferentes áreas. O xoves 20, os leonciños de infantil tiveron o seu festival pola tarde, coa esperada visita do home de vermello.—

Ler máis