Maquetas do sistema solar e das paisaxes

Os  nenos e nenas de 3.º de primaria realizaron, por primeira vez na súa carreira estudantil, unhas maquetas de dous temas que están a traballar: un deles é o da paisaxe de interior e de costa e o outro é do sistema solar. Estas maquetas están colocadas nunha exposición nos corredores do colexio. Os propios alumnos encargáronse de preparar esta exposición coa axuda das mestras. Fixérono con moita ilusión. Como se pode comprobar, o enxeño dos nenos e das súas—

Ler máis

Presentación do taumatropo para o Proxecto “Nós tamén creamos”

Gustaríanos compartir con todas as familias os vídeos que enviamos a propósito da creación do taumatropo polo alumnado de 2.º de primaria. Podedes picar en cada unha das seguintes ligazóns: Vídeo: creación dun taumatropo. Vídeo (2): creación dun taumatropo. Felicitamos os nosos alumnos e as nosas alumnas pola súa creatividade e o gran traballo que están a desenvolver.

Contacontos en infantil: Chibos Chibóns

Esta semana animouse outra nai dun nosos alumnos de 3 anos a visitar o colexio e contarlles un conto a todos os nenos e nenas de infantil. O título elixido foi: Chibos Chibóns, da Editorial Kalandraka. Despois de contar o conto, os nenos e as nenas fixeron cadanseu chibo para poder xogar con eles nas casas. Foi unha experiencia positiva para a nai e o seu fillo, un grande axudante. Desde o colexio, queremos animarvos a todas as familias a—

Ler máis

SAÍDA AO TEATRO: “NOBODY´S PERFECT”

O pasado xoves 11 de xaneiro, os nenos de sexto de primaria foron ver unha obra de teatro en inglés no cine-teatro Salesianos. A compañía Tumbalobos Teatro interpretou a obra Nobody´s perfect, que conta, dunha maneira moi divertida, que aínda que non sexamos perfectos, con traballo e esforzo, podemos  conseguir todo o que nos propoñamos. Antes do día da estrea, traballamos a obra durante varias sesións na aula: fixemos actividades sobre os personaxes, analizamos as emocións que aparecen e tamén aprendemos—

Ler máis

Selección do título para o Plan Proxecta “Nós tamén creamos”

O seguinte paso do noso proxecto foi lermos todos os membros do equipo de docentes os libros da Editorial Oqo que nos deixou o profesor do curso. Despois de lelos nós, decidimos contárllelos aos nosos alumnos. Eles mesmos seleccionaron os tres que máis lles gustaron e fixeron un debuxo de cada un deles. Os seleccionados foron: Sopa de nada. Outro dos seleccionados foi: A pota que trota. E o último seleccionado foi: Tim, Tam e Tom. Despois, os nenos votaron,—

Ler máis