Actividades extraescolares curso 2023-2024

Xa estamos a organizar este novo curso e queremos propoñer algunhas actividades extraescolares para o alumnado do centro. Este curso as actividades chegarán da man de Cocofante. Estamos seguros de que resultarán un bo complemento para a formación dos rapaces e rapazas. Podedes premer sobre a primeira imaxe para inscribirvos ou a continuación: ACTIVIDADES.      

Principio de curso

  • Reunión pais/nais con titores/as: 6 de setembro ás 19:00 h no colexio

  • Comezo das clases (horario normal) e servizos: 11 de setembro

  • Horario de clases (novo en ESO):

Axudas para libros e material

Xa poden consultar as listaxes definitivas do fondo de libros chamando ao colexio (986278089). Doutra banda, os beneficiarios/as de axudas de material poden recoller os cheques no centro en horario de oficina (9:00-11:00, 13:00-14:00 h).

 

Festa Fin de curso Infantil e Primaria

O pasado 16 de xuño celebramos a festa de fin de curso deste ano, a tarde estivo chea de emoción xa que é o noso primeiro festival despois da pandemia. Desde os presentadores ata os máis pequeniños, ofrecéronnos a súa mellor versión nos bailes. A continuación pasamos unha tarde de convivencia nos talleres e no inchable mentres esperabamos a actuación do mago. Unha tarde para pasalo ben en compañía da familia, os amigos e os profes. Deixámosvos a aquí as—

Ler máis