Información

Informámoslles de que Brais Sport (Sanjurjo Badía 108 baixo, tel: 986261848), a tenda de material deportivo que subministra o chándal do colexio, pecha. Segundo nos informan, hai unha liquidación do 30% de desconto, incluído o chándal do centro.

Orgullosos, coma sempre, do noso xornal

Hoxe todo o centro, tanto docentes coma alumnado, comezamos a mañá ca sorpresa e o orgullo de ser protagonistas dunha reportaxe do Faro de Vigo sobre o remate do proxecto “O Faro da Escola”. Nós, coma sempre, estamos moi orgullosos do noso xornal o cal agardamos poder mandárvolo a casa en breve. Un orgullo e un pracer participar neste certame dende a 1ª edición. Agora só queda cruzar os dedos e agardar, tranquilos e contentos de ter os deberes feitos.—

Ler máis

Concurso Arquimedianos21

Coincidindo coa Semana do Libro 2023, xa hai gañadora do concurso de matemáticas Arquimedianos21 (7ª edición), que comezou o 25 de marzo.  Parabéns a esta alumna de 3º ESO e que goce do seu premio: un vale para mercar o libro que queira.

Charla de saúde sexual para 3º ESO

O alumnado de 3º de ESO asistiu a unha longa charla sobre saúde sexual,  unha boa forma de aprender sobre temas dos que algúns rapaces/zas teñen reparos en falar cos seus pais. Os amigos/as e as redes son as fontes máis habituais de (des)información e fan que perduren moitos mitos e tabús. Mellor as profesionais, como estas rapazas da Cruz Vermella que saben do que falan e falan do que saben e ás que agradecemos a súa colaboración.