Tarefa 4 do proxecto “Nós tamén creamos”

Sabemos que estades moi pendentes dos nosos avances. Esta cuarta tarefa consistiu en crear, por fin, os personaxes. O noso alumnado volcouse completamente nesta actividade, xa que son moi creativos e teñen grandes ideas. Podedes velos mans á obra preparando as cabezas, os diferentes ollos dos personaxes ou outros complementos: Todos quedamos namorados do resultado final, que, por suposto, vos imos amosar agora mesmo: Tamén queremos compartir con todos vós un pequeno vídeo que realizamos deste proceso de creación. Para—

Ler máis

Tarefa 3 do proxecto “Nós tamén creamos”

E seguimos avanzando no noso proxecto “Nós tamén creamos”. A última tarefa que entregamos foi a creación do guión gráfico do libro elixido: A pota que trota. Os alumnos e as alumnas que participan neste proxecto son de 2.º de primaria, así que despois de ler de novo o conto, procedemos a explicarlles en que consiste un guión gráfico e o necesario que é este para poder gravar despois o noso vídeo. Puxéronse mans á obra e cada un deles—

Ler máis

Tarefa 2 do proxecto “Nós tamén creamos”

A segunda tarefa que, desde o proxecto no que estamos a participar co alumnado de 2.º de primaria, se nos encargou foi animar un obxecto. Despois de moito meditar e a partir dos intereses dos nenos e das nenas, decidimos darlle vida a un foguete espacial na galaxia. O primeiro que fixemos foi traballar un chisco con eles o vocabulario relacionado co tema. Despois pintaron os planetas e recortáronos. A continuación, fomos á nosa sala de gravación. Alí, con moito—

Ler máis

Tarefa 1 do proxecto “Nós tamén creamos” (2.ª parte)

Imos desvelar o misterio: finalmente, o alumnado decidiu elaborar un taumatropo (xoguete visual con dúas imaxes que rematan por unirse). A nosa primeira idea foi elaborar un taumatropo dun boneco de neve. O primeiro que fixemos foi explicarlles en consiste este xoguete e indicarlles que debían debuxar as dúas imaxes que despois co movemento se converterían nunha soa. A continuación, puxéronse mans á obra cos debuxos. Cando ían montar os seus xoguetes, decatámonos de que estaban feitos do revés. Levaron—

Ler máis

Tarefa 1 do proxecto “Nós tamén creamos” (1.ª parte)

A primeira tarefa do noso proxecto consiste na elaboración dun flip-book ou dun taumatropo. A finalidade desta tarefa é que o alumnado de 2.º de primaria entenda a lóxica do cine. O primeiro que fixemos foi amosarlles varios flip-books, que supuxeron unha enorme sorpresa para eles. Despois animámolos a crearen un moi sinxeliño nos seus cadernos, para que comprobasen que, con ganas, todo é posible. Pero esta foi a primeira parte… Que farán finalmente: un flip-book ou animarémolos a elaborar—

Ler máis