Saída á Naturnova

Na pasada semana,  o alumnado de 1.º, 2.º e 3.º de primaria visitou o Centro Interactivo de Educación Ambiental Naturnova, para asistir a actividade “Do Universo á Terra, un planeta con vida”. Dividíronnos en tres grupos para realizar todas as actividades en quendas diferentes. Navegamos en submarino polo fondo da nosa ría e puidemos ver diferentes especies de peixes. Coñecemos as características mais importantes dos planetas, do Sol e da Lúa. Investigamos sobre o reino animal e os procesos naturais—

Ler máis

Os leóns no XI Certame Escolar de Regueifas

O 15 de febreiro chegou con moitos nervios e emoción para o alumnado de 1.º e 3.º da ESO. Uns ían participar no XI Certame Escolar de Regueifas, e outros iamos animar os nosos compañeiros e compañeiras e a todos os participantes. Algunhas regueifeiras xa participaran na edición anterior do certame, pero para os demais era a primeira vez. E, como bos leóns e leoas que son, todos subiron ao escenario a dar o mellor deles mesmos. E así, foron—

Ler máis

Tarzán en inglés

Comezamos a tempada teatral, neste caso en inglés. Xa levabamos dúas semanas traballándoa na clase, e o pasado luns, os nenos de quinto e sexto de primaria tiveron a oportunidade de gozar da historia de Tarzán, da compañía Face to Face. Representouse no teatro Afundación. Fomos en autobús ata o auditorio con moitas ganas de lembrar a historia dese neno que se criou na selva. E de adestrar o noso oído na lingua inglesa. Xuntámonos unha chea de nenos e—

Ler máis

Emprendendo e aprendendo: viaxe a Cangas

Os nenos de 4.º de primaria están a traballar nun proxecto chamado “Espírito Emprendedor”, no que coñecen e analizan o traballo necesario para montar unha empresa dende os seus inicios. O que para moitas persoas se traduce en facer realidade un soño. Con motivo deste proxecto, desprazámonos ata Cangas, os veciños de en fronte, para coñecer de primeira man dúas firmas que levan o seu traballo por bandeira: Rinoceronte Editora e Saias Ledas. Foi unha mañá moi fría, pero acompañounos—

Ler máis

Visita a Naturnova: O bosque das estacións

O pasado venres, os leonciños tiveron unha saída moi especial. Visitaron Naturnova, que é un centro interactivo de educación ambiental. Alí puideron coñecer o medio que os rodea dunha forma lúdica e interactiva. A temática da visita era “O bosque das estacións”. E ao redor deste tema resolveron cuestións como: por que son tan importantes os nosos bosques, cales son as estación e como se diferencian ou como cambian as árbores. E o que máis lles impactou foi poder entrar—

Ler máis