A GALIÑA AZUL

Os alumnos e alumnas de 1.º e 2.º de educación primaria foron ao teatro para gozar da representación de A galiña azul. Moitos deles non coñecían como era un teatro, aínda que na clase falaron del e as mestras lles deron unhas pautas de como debían comportarse e non esquecer aplaudir cando rematase a obra. E a verdade… con esta saída, tiveron a ocasión de gozar das instalacións do teatro, así como ver como actúan en vivo e en directo os actores—

Ler máis

Visita á Biblioteca Xosé Neira Vilas

Durante estas últimas semanas, os rapaces de Primaria foron á Biblioteca Xosé Neira Vilas. Así, o alumnado pódese achegar ao mundo da biblioteca dunha forma lúdica e amena, e que a valore como un lugar de formación á vez que de lecer. Deste xeito, a través das visitas á biblioteca, os rapaces participantes familiarízanse co uso das súas instalacións, coñecen o seu funcionamento e as posibilidades formativas que ofrece, e ao mesmo tempo descobren un espazo no que poder pasar—

Ler máis

XXVIII SEMANA DE CINE SUBMARINO

O pasado 13 de novembro, os nenos de 5º e 6º de primaria acudiron á XVIII mostra de cine submarino, organizada pola Universidade de Vigo. A proxección tivo lugar na sala Afundación. A primeira parte da proxección, tratou dos depredadores mariños, ensinándonos que os animais do mar teñen que defenderse non só dun depredador, senón de varios, como é o caso dos cangrexos, atacados por polbos e moreas. Xa na segunda parte, trataron o tema dun naufraxio que tivo lugar—

Ler máis

Marchamos de Magosto!

O pasado venres 16 de novembro, todo o alumnado do Quiñones de León celebrou a tradicional festa do Magosto no monte do Vixiador. Xunto a unha paisaxe de outono e un cheiro a castañas e chourizos, os nenos pasaron a mañá xogando, pintando a cara e divertíndose cos seus compañeiros e profesores. Este ano, como novidade, tamén contamos cunha máquina de asar castañas!! Os alumnos dos cursos superiores de Primaria tamén o pasaron moi ben resolvendo un xogo de pistas—

Ler máis

Programa CINENSINO

Este curso 2018-2019, 1.º e 2.º da ESO participa no programa CINENSINO. Trátase dun programa de educación en valores para a prevención do consumo do alcohol e outros trastornos adictivos e de comportamento no ámbito escolar, a través dos medios audiovisuais e as TIC. O día 31 de outubro tivemos a primeira cita; a proxección do filme: La profesora. O alumnado xa ía preparado no autobús para dirixirse á sala de cine. Despois, coma sempre que temos unha saída, os—

Ler máis