Celebración do Día das Letras Galegas 2019

O Día das Letras Galegas é todos os días do ano, sabémolo e é algo que intentamos transmitir ao noso alumnado, promovendo o uso e o coñecemento da nosa lingua. Pero o día 16 de maio xuntámonos no patio do colexio para falar un chisco sobre a figura homenaxeada deste ano: Antonio Fraguas, fundamental para coñecer na actualidade cantigas e tradicións, que doutro xeito serían descoñecidas para nós.

Tivemos uns grandes presentadores para a ocasión, un par de alumnos de 4.º da ESO que souberon compartir con nós os detalles máis interesantes do traballo de Antonio Fraguas:

E así de atentos estiveron todos os alumnos e alumnas do colexio:

Despois da presentación do homenaxeado, deron paso á entrega de premios dos concursos organizados. Primeiro, entregaron os premios ás mellores poesías e redaccións. Podedes ver a alegría dalgúns dos rapaces e rapazas polo recoñecemento ao seu bo facer:

A seguir, foi o momento da entrega de premios polos murais. E así de felices estaban:

E o mellor da xornada estaba por chegar. Os leonciños e as leonciñas quixeron compartir con toda a familia do Quiñones de León un baile, ao que nos unimos todos:

E agora só nos queda amosarvos os murais tan fermosos que locen na entrada do colexio. Este é o do grupo de infantil, que traballou moi ben sobre Fraguas e así o plasmou neste mural:

O alumnado de primaria e secundaria non quedou atrás e tamén fixeron os seus murais, aquí vos deixamos unhas mostras:

Agora temos de novo outros 365 días das nosas letras.

Comments are closed