Celebración do samaín 2017

No colexio Quiñones de León, rematamos este mes de outubro celebrando o samaín.

Para que o noso alumnado gozase desta festividade propuxemos dúas actividades moi creativas.

A primeira delas foi un contacontos. As persoas que organizaron esta actividade pensaron que o mellor espazo para contar contos sería a biblioteca, polo que antes de comezar se puxeron mans á obra e deixaron así de terrorífico este espazo.

Biblioteca no samaín

Biblioteca no samaín

Os rapaces e rapazas da ESO e de primaria escribiron cadansúa historia de medo. Escolléronse unha ou dúas historias por clase que se leron na biblioteca ao curso inmediatamente inferior. Estamos convencidos de que nun futuro algúns dos nosos alumnos serán autores recoñecidos na literatura galega ou castelá.

A segunda actividade consistiu en decorar cabazas. Nesta actividade participaron alumnos de infantil e de primaria. Velaquí tendes a mostra das cabazas, algunhas moi tétricas, outras entrañables, pero todas elas cheas da emoción do traballo feito en familia.

E, para rematar, seleccionáronse as cabazas máis rechamantes, e as seleccionadas son as que podedes ver nesta imaxe:

gañadorasDesde o colexio, agradecemos a todas as familias a súa implicación nesta actividade.

Comments are closed