Celebración dos maios no Quiñones de León

Este curso escolar pareceunos unha boa idea festexar os maios co noso alumnado.

Para comezar, implicamos o alumnado da ESO, que, en colaboración co departamento de música, creou un maio. Despois, en colaboración co departamento de plástica preparamos a armazón e fomos colocando todo o verde no noso maio figurado.

E entón chegou o momento de festexar os maios. Por cursos, o alumnado visitou a biblioteca onde se lles explicou a orixe e o significado desta celebración. A continuación, todos puideron escoitar o noso maio.

Despois de cantarmos o maio, todos participamos na súa decoración. Cada clase fixo varias grilandas de flores e outras tamén o decoraron con froitos.

E así quedou ao rematar a semana o noso maio:

Gústavos? Ao noso alumnado gustoulle moito esta tradición. Esperamos repetir o próximo curso esta experiencia!!

Comments are closed