Celebramos o Día da Paz!

Onte foi o Día Escolar pola Non-Violencia e a Paz que se celebra cada 30 de xaneiro en todos os centros de España. No colexio Quiñones de León participamos todos: alumnado, profesorado, equipo directivo…

Este ano a actividade principal consistiu na decoración de papaventos. Os nenos de cada clase, desde eduación infantil ata a ESO, esforzáronse moito para elaborar os seus papaventos. Estes son algúns deles:

A celebración tivo lugar no patio, onde dúas alumnas da ESO leron un manifesto pola paz, para facernos conscientes de que hai moitas maneiras de demostrala, desde ser xenerosos coas personas que nos rodean ata coidar do noso planeta.

Despois, os nenos amosaron os papaventos que realizaron nas clases.

 

 

 

E para rematar todos os alumnos, alumnas, profesores e profesoras do colexio cantamos a coñecida canción de ”No dudaría” de Antonio Flores, momento que os nenos aproveitaron para bailar e gozar do momento cos compañeiros. Pasámolo fenomenal!

Tamén estivemos a elaborar durante toda a semana pasada un muro da paz. Cada neno decorou un ladrillo e, entre todos, construímos o muro que impide pasar a violencia e os malos sentimentos. Quedou así de fermoso:

E tamén fixemos este marabilloso mural porque consideramos que a paz ten que ser algo mundial, onde todos poidamos compartir a nosa cultura e enriquecernos.

Comments are closed