Este curso, e como facemos cada ano cando chega novembro, celebramos o Magosto no cole. Festa tradicional galega que nos encanta e que esperamos con moita ilusión.
Intentando darlle a importancia que merece, as nenas e nenos de Primaria elaboramos un “Recuncho do Magosto” que se atopa na entrada do cole e na que colocamos as actividades que realizamos para conmemorar esta festa. Os máis pequenos elaboraron uns preciosos ourizos utilizando plastilina, escarvadentes e pipas de xirasol. Quedaron moi graciosos!
Os máis maiores, por outro lado, desenvolveron o seu lado máis creativo e redactaron unas orixinais adiviñas e poesías. AH! Non nos podemos esquecer dos cativos de Intantil, que participaron no recuncho engadindo ourizos de froita (riquísimos) e árbores de papel.
Quixemos seguir decorando o corredor da entrada do cole con murais, o Photocall dunha castañeira… que poderedes ver a continuación.
E unhas fotiños daqueles rapaces que participaron no concurso de redacción e foron elexidos como gañadores.
- Fabianna de tercero da primaria.
- Diego de quinto da primaria.
- Noa de sexto da primaria.
- Yeray de segundo da ESO.
https://drive.google.com/file/d/1IOPYhVD5upT-Zb3gfaiLcKhhhShSGWC5/view?usp=sharing
Xunto coa lectura de cantigas, lendas, adiviñas, poesías e realización de diferentes manualidades, completamos esta celebración. Xa estamos agardando a que chegue o vindeironovembro para facelo de novo, pero ata entón… Que vivan as castañas e que viva o Magosto!